logo AITIGIRIP esp 303 60 96ppp

Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de Pontevedra

A Asociación

Inscrición: Inscrita no Rexistro provincial de Pontevedra co nº 24.545.

N.I.F.: G – 27.703.826.

Tipo de Asociación: Asociación Profesional.

Ámbito territorial: provincia de Pontevedra.

Fins e Funcións

A Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de Pontevedra ten plena personalidade xurídica e capacidade de obrar para o cumprimento dos seus fins sociais e profesionais, e réxese polos seus propios estatutos.

A Asociación estará integrada por socios numerarios, pre-asociados e socios de Honra.

  • Socios numerarios: Os Enxeñeiros Técnicos Industriais, titulados con arranxo aos plans de estudos anteriores ao Real decreto 1497/1987, de 27 de novembro, os titulados conforme aos reais decretos 1402/1992, 1403/1992, 1404/1992, 1405/1992 e 1406/1992, todos eles de 20 de novembro, e os titulados universitarios en calquera Escola de Grado nos campos do ensino técnico propios da enxeñería da Rama Industrial.
  • Pre-Asociados: Os alumnos das Escolas que impartan as titulaciones anteriormente citadas que se atopen no último curso de carreira poderán ter acceso a cantos servizos presta a Asociación, coas limitacións definidas pola súa Xunta Directiva, sen ter voz nin voto nas Xuntas Xerais, nin poder ser elixidos para cargos directivos.
  • Socios de Honra: Aquelas persoas que a xuízo da Asociación reúnan os méritos suficientes para o outorgamento de tal distinción.

Entre as finalidades e funcións descritas nos Estatutos atópase a de fomentar, crear e organizar servizos e actividades que teñan como obxecto a formación e perfeccionamento profesional. Na Asociación se promoven actos, xornadas, seminarios, cursos e reunións sobre materias relacionadas, directa ou indirectamente, cos devanditos fins.

Constitúen, xa que logo, os fins da Asociación:

  • Fomentar a profesión dos Enxeñeiros Técnicos Industriais e titulados de Grado en Enxeñería da Rama Industrial en calquera Escola e co devandito fin, defender a mellora dos ensinos e as atribucións conferidas aos mesmos e desenvolver as iniciativas que lle sexan expostas polos asociados, mantendo un eficaz servizo de información en todo aquilo que se refire aos asuntos relacionados coa profesión.
  • Cooperar coa industria, autoridades e entidades ou corporacións económicas, privadas ou públicas, para o estudo dos problemas económico-industriais e técnico-industriais, tanto de interese local ou rexional, como de carácter estatal ou de repercusión internacional.
  • Establecer relacións coas demais organizacións técnicas industriais e Asociacións españolas ou internacionais, podendo integrarse nas dun e outro carácter, de seu ou a través de Federacións e Confederación de Asociacións.
  • Realizar o labor cultural, científica e técnica relacionada coa Enxeñería Técnica e adicar unha preferente atención á formación permanente do Enxeñeiro Técnico Industrial.
  • Promover a formación continua ou permanente do profesorado e colaborar coas institucións educativas para programar e realizar actividades de formación científica e técnica.
  • Cooperar con outras organizacións e asociacións profesionais de Enxeñeiros Técnicos Industriais en problemas de interese común.
  • Colaborar con calquera entidade de previsión que para beneficio dos seus asociados se creara.
  • Velar polo prestixio e os intereses xerais dos seus asociados.
  • Informar á Administración Pública, calquera que sexa o seu ámbito territorial, de cantos asuntos industriais, económico-industriais e técnico-industriais, sexan de interese, así como asesorar aos mesmos cando sexa requirida para iso.
  • Calquera outros fins que acorde a Xunta Xeral, sempre que garden relación coa profesión e non se opoñan ás disposicións legais vixentes.

Estatutos

Asociación de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da Rama Industrial de Pontevedr aprobados o 4 de novembro de 2020 (en castelán).

Xunta Directiva

Composición da Xunta Directiva:

PRESIDENTE
D. Jorge Cerqueiro Pequeño

VICEPRESIDENTE
D. Ernesto Remeseiro de Nozal

 

SECRETARIO
D. Maximino García Sánchez

VICESECRETARIA
Dª Mercedes Díaz Fortes

 

TESOUREIRO
D. Ángel Pillado González

CONTADOR
D. Pedro José Rodríguez Seoane

 

VOGAL PRIMERO
D. Santiago Canto Iglesias

VOGAL SEGUNDA
Dª Belén Pérez Rodríguez

 

VOGAL TERCEIRO
(Vacante)

VOGAL CUARTO
D. David Ferreirós Rodríguez

 

VOGAL QUINTO
D. Manuel Caride González

 

 

Contacto e Horario

Dirección: Rúa Venezuela, 37, 1º - 36203 - Vigo - Pontevedra

986 43.17.93

 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Atención ao público

Horario de inverno

De outubro a maio:

  • Mañás: de 08:30 a 14:30 horas (luns a venres)
  • Tardes: de 17:00 a 20:00 horas (luns a xoves)

Horario de verán

De xuño a setembro:

  • Mañás: de 08:30 a 14:30 horas (luns a venres)

Formulario de contacto

Se tes algunha dúbida ponte en contacto con nós.

Indique o seu nome.
Indique os seus apelidos.
Indique unha opción.
Indique o seu número de colexiado/a.
Indique o seu email.
Por favor, repita o e-mail.
Por favor, indique o asunto da súa consulta.

0/5000

Por favor, engada o texto da súa consulta.
Debe aceptar as condicións do Aviso Legal e a Política de Privacidade.
Valor incorrecto

 

PreAsociarse

En aplicación dos estatutos, todos os alumnos/as de Grado en Enxeñería da Rama Industrial que o desexen poden solicitar a condición de pre-asociado/a da Asociación, sempre que cumpran os requisitos académicos e administrativos expostos.

Unha vez obtida a condición de pre-asociado/a, a mesma terá validez durante o ano académico en curso, podendo no seu caso solicitarse a renovación de devandita condición para o ano seguinte tras realizar a nova matrícula, aportando á Asociación a documentación actualizada que xustifique que se seguen cumprindo os requisitos esixidos.

A documentación necesaria para solicitar a pre-asociación, que deberá entregarse na sede da Asociación ou ben remitirse por vía telemática con firma dixital, é a seguinte:

  • Instancia de Solicitude asinada, segundo modelo que se achega.
  • Declaración Responsable asinada, segundo modelo que se achega.
  • Copia de Extracto de Expediente actualizado.
  • Copia de Documento Identificativo: DNI, NIE ou documento equivalente.
  • Unha fotografía en tamaño carnet.


INSTANCIA DE SOLICITUDE DE PRE-ASOCIADO: (en castelán)

Información a Asociados

A información dispoñible exclusivamente para Asociados, relativa a Eleccións e Xuntas, podes atopala na Zona Privada desta Web.

Acceder