DPC

Acreditación DPC

Creado no ano 2012, o Sistema de Acreditación DPC de Enxeñeiros, realizado e xestionado polo COGITI, implanta un procedemento de acreditación do desenvolvemento profesional continuo (DPC) baixo 4 niveis, que documentalmente acredita a formación e experiencia ao longo da vida profesional do Enxeñeiro. Ao mesmo tempo, esixe unha reciclaxe continua de coñecementos para o correcto desenvolvemento do exercicio profesional, a fin de achegar a suficiente garantía aos clientes, consumidores e usuarios dos servizos profesionais, para así contribuír ao mellor desenvolvemento das sociedades e á mobilidade internacional coas garantías imprescindibles.

Este selo de garantía pode facerse valer en múltiples contextos como procesos de solicitude de bolsas ou subvencións, no curricumlun vitae, en concursos públicos, en procesos de selección ou entrevistas profesionais.

A Acreditación DPC Enxeñeiros obtivo a homologación ao sistema de Desenvolvemento Profesional Continuo de Unión Profesional (UP), un marco común dos colexios profesionais que ofrece unha garantía de calidade.

Os enxeñeiros acreditados baixo o sistema de Acreditación DPC, en calquera dos niveis, gozarán de beneficios intanxibles -prestixio e recoñecemento profesional- e beneficios tanxibles -acceso á bolsa de emprego de enxeñeiros acreditados, descontos en formación e descontos no seguro de responsabilidade civil.

Descontos de ata o 100% para colexiados.

Obtén maior visibilidade e prestixio profesional.

¡Acredítate!