Responsabilidade Social
Os nosos colexiados actúan con boa reputación como axentes activos de innovación do tecido empresarial da área de Vigo, como asalariados ou profesionais emprendedores, responsables da posta en marcha dun gran número das empresas e do desenvolvemento e crecemento de moitas outras. Os seus traballos, necesarios para, entre outras cousas, a legalización de actividades e instalacións industriais ou comerciais, constitúen unha garantía de seguridade e de calidade, así como de confianza perante clientes e institucións.
Nun contexto empresarial globalizado no que segundo todos os expertos o aumento da competitividade é irrenunciable, e no que os criterios de sustentabilidade son cada vez máis esixidos, os nosos profesionais, coa asistencia decidida de COETIVIGO, revélanse como axentes crave para que as empresas poidan afrontar con éxito a situación económica actual.
Máis aló do cumprimento normativo, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Insdustriais de Vigo actúa como canle de garantía cidadá, como referente deontolóxico da profesión, como axente orientador no exercicio profesional e como impulsor de iniciativas no marco da responsabilidade social corporativa.