Misión
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo é unha corporación de dereito público cuxa labor é representar aos profesionais da Enxeñería Técnica Industrial da provincia de Pontevedra perante as administracións, así como ordenar a profesión, velando pola ética, a dignidade profesional e o respecto debido á Sociedade, protexendo os intereses dos consumidores e usuarios, e defendendo os intereses profesionais dos seus colexiados.
Visión
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de acolle aos profesionais e novos titulados de Grao e Enxeñería Técnica industrial, co obxectivo de alcanzar coa súa acción á maioría dos titulados da provincia, ofrecendo un Visado colexial que sexa distintivo de calidade e seguridade, mellorando de forma continuada os servizos prestados, e desenvolvendo a colaboración coa Escola de Enxeñería Industrial en beneficio dos colexiados, a profesión e a Sociedade en xeral.
Valores
- Integridade nas actuacións do Colexio.
- Colaboración con administracións e outras entidades.
- Honestidade na información difundida.
- Solidariedade cos colexiados desfavorecidos e as súas familias.
- Responsabilidade nas accións e decisións adoptadas.
- Vocación de servizo aos colexiados e á Sociedade.
- Innovación e actualización continua nas funcións e ordenación do Colexio.