COGITI Institución de Mediación de Ingenieros

Institución de Mediación de Enxeñeiros

A Lei 5/2012, de 6 abril, de Mediación en asuntos civís e mercantís, faculta para o exercicio da actividade de ‘mediador’, entre outros profesionais, aos Enxeñeiros Técnicos Industriais. En aplicación desta normativa, o Consejo Nacional de la Ingeniería Técnica Industrial (COGITI) creou e constituíu a “Institución de Mediación de Ingenieros”, que dá acceso ao Rexistro Xeral de Mediadores.

A Plataforma de Mediación “COGITI - Institución de Mediación” do Consejo General y los Colegios Oficiales de Ingenieros Técnicos Industriales de España pon ao dispor da sociedade e das Administracións Estatal, Autonómicas e Locais, unha ferramenta de procura e designación de Enxeñeiros Mediadores para a intervención en procedementos de mediación en que, conforme sinala a Lei 5/2012, as partes de forma libre e voluntaria decidan acudir a este procedemento para resolver o ou os conflitos que teñan.

Accede a "COGITI - Institución de Mediación" aquí

Acceder