COGITI Formación e-learning
A Plataforma de Formación on-line do COGITI ofrece cursos (formación asíncrona - contidos e-learning) e eventos (formación síncrona - aula virtual) que facilita aos profesionais do noso colectivo un sistema de aprendizaxe permanente e promove o Desenvolvemento Profesional Continuo, aspectos cara aos que van dirixidas as políticas europeas relacionadas coas profesións, os profesionais e o exercicio profesional.
Os colexiados que se atopen en situación de desemprego, os colexiados en situación de ERE/ERTE e os colexiados autónomos e traballadores por conta allea (en función da súa renda anual) poden obter unha bolsa por valor do 50% do prezo para colexiado, totalizando un 75% de desconto.
Dispoñibles Bonos especiais de formación para autónomos, exclusivo para colexiados exercentes libres (autónomos dados de alta en RETA / MUPITI).
Os cursos poden ser bonificados (excepto os que se indiquen na Web da Plataforma) con cargo aos créditos que todas as empresas dispoñen para formación e que xestiona FUNDAE (antiga Tripartita)
As empresas poden subscribir un Convenio de colaboración para o fomento da formación e o emprego no ámbito empresarial (esta posibilidade é de especial interese para colexiados traballadores por conta allea en empresas de calquera ámbito) para gozar de condicións preferentes para os traballadores e directivos da mesma.
Accede á Plataforma Ingenieros Formación Virtual aquí
Información:
Bolsas a colexiados en cursos da Plataforma. Poden obter bolsa os Colexiados en situación de desemprego, os Colexiados en situación de ERE/ERTE. e os Colexiados autónomos e Colexiados traballadores por conta allea (en función da súa renda anual):
Bonos para AUTÓNOMOS (RETA-MUPITI) - EXERCENTES LIBRES:
Información sobre Bolsas e Acreditación DPC:
Convenio de colaboración para o fomento da formación e o emprego no ámbito empresarial (de especial interese para colexiados traballadores por conta allea en empresas de calquera ámbito):
Acreditación DPC Enxeñeiros. Promoción por nº de cursos realizados: