CGETI - Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais
O Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, creado a través da promulgación do Decreto 202/1995, do 16 de xuño, a pedimento dos catro colexios galegos de Enxeñeiros Técnicos Industriais (A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo), ten por obxecto agrupar e coordinar os distintos colexios integrados e asumir a súa representación en cuestións de interese común profesional perante os poderes públicos autonómicos.
É unha corporación de dereito público con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar que integra, coordina e representa na esfera autonómica, aos colexios oficiais de peritos e enxeñeiros técnicos industriais galegos para o cumprimento dos seus fins.
A presidencia do Pleno do Consello e da Xunta Executiva, así como a xestión e administración do Consello, levarase polos colexios en quenda rotativa, por períodos bianuais.
O Portal do CGETI está accesible aquí
Vídeo institucional CGETI
Audiovisual producido no ano 2022 sobre a Profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial e as súas organizacións corporativas de Galicia.