Cotas
Modalidades:
- Cota xeral ordinaria: 8,00 €/mes
- Cota xeral ordinaria reducida (50%): 4,00 €/mes
A cota xeral ordinaria reducida é aplicable, previa solicitude polo interesado, aos colexiados en situación de prexubilación cunha idade de 60 ou máis anos. É requisito achegar documentación acreditativa de tal situación e ter unha antigüidade mínima de colexiado de 5 anos. É incompatible para ocupar cargos electos na Xunta de Goberno e para realizar o Exercicio Libre da Profesión.
Formulario de Solicitude:
Exención de cotas:
Exención por Convenio Colexio / EII-Vigo.
Dispoñen de exención de cotas durante 12 meses os recentemente colexiados que obtivesen o título na E.I.I. de Vigo no trimestre anterior á data de solicitude de colexiación.
Exención por situación de desemprego.
Aos colexiados en situación de desemprego que o soliciten concédeselles a exención do abono das cotas colexiais por un período inicial de SEIS MESES, a partir do día 1 do mes seguinte ao da solicitude, renovable ao seu termo a pedimento do colexiado se a situación mantivésese.
Durante o prazo de exención de abono de cotas colexiais, o colexiado non poderá gozar dos dereitos relativos á participación en actos e actividades sociais con prezo subvencionado polo Colexio, aínda que si aos cursos e outras actividades formativas.
En caso de pasar a situación de empregado, sexa en calquera das súas modalidades, o colexiado comprométese a comunicalo ao Colexio, pasando a abonar as cotas colexiais a partir do día 1 do mes seguinte ao desta comunicación.
O colexiado debe achegar, ademais da solicitude, copia da documentación xustificativa da situación de desemprego, por exemplo un informe de vida laboral (pode ser acoutado), un informe de situación actual do traballador, etc.
Formulario de Solicitud:
Exención para colexiados no estranxeiro.
Se se atopa residindo/traballando no estranxeiro pode acollerse igualmente á exención de cotas coma se estivese desempregado, xa que se non está a traballar en España sería asimilable á devandita situación (xustificarase mediante informe de vida laboral actualizado).
Exención por xubilación ou incapacidade laboral permanente.
Os colexiados que alcanzasen a idade legal de xubilación ou que se atopen en situación de incapacidade laboral permanente poderán solicitar a exención de cotas colexiais.
Esta situación é incompatible para ocupar cargos electos no Colexio, recibir subvencións económicas e para realizar o Exercicio Libre da Profesión. Os colexiados que se atopen nesta situación tampouco dispoñerán de voto nas Xuntas Xerais cando se debatan temas de índole económico. Formulario de Solicitude: