Convenios

Convenios

Convenio Administración de Xustiza

logo xunta xustiza

Protocolo de colaboración subscrito o 20 de maio de 2013 polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI) e a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza.

Convenio de colaboración con ATRIGA

Atriga

COETIVIGO subscribiu un Convenio de colaboración en virtude do cal os colexiados poderán ser considerados colaboradores sociais coa Axencia Tributaria de Galicia, tendo a posibilidade de levar a cabo a tramitación dos procedementos de xestión tributaria seguintes en representación de terceiros que llo soliciten.

Convenio de colaboración con UVIGO

logo fuvi

Convenio de colaboración entre a Fundación Universidad de Vigo e COETIVIGO  para a impartición de cursos de linguas modernas.

Convenio de colaboración co CCi

logoCCi

O 5 de marzo de 2015 COITIVIGO subscribiu un convenio de colaboración co Centro de Ciberseguridad Industrial (CCi), unha organización sen ánimo de lucro cuxa misión é impulsar e contribuír á mellora da Ciberseguridade Industrial desenvolvendo actividades de análises, desenvolvemento de estudos e intercambio de información sobre o conxunto de prácticas, procesos e tecnoloxías , deseñadas para xestionar o risco do ciberespazo derivado do uso, procesamento, almacenamento e transmisión de información utilizada nas organizacións e infraestruturas industriais.

O obxecto do Convenio é establecer o marco e guía para a realización en común de actividades de divulgación, de formación e de investigación que redunden en beneficio de ambas as partes.