Regulación

Regulación

A colexiación vén regulada nos artigos 7, 8 e 9 do Real Decreto 132/2018, do 16 de marzo, polo que se aproban os Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Peritos Industriais de España e do seu Consejo General (B.O.E. nº 100, 25/04/2018), así como nos artigos 11, 12 e 13 da Orde do 30 de setembro de 2011 pola que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Peritos e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo (DOG nº 196, 13/10/11). Ver Lexislación, estatutos e normas

Sendo requisitos indispensables:

  • Obter o correspondente título oficial, expedido, homologado ou recoñecido polo Estado (Título de Perito Industrial, Enxeñeiro Técnico Industrial ou Graduado da rama industrial)
  • Non estar suxeito a incapacidade legal que impida a colexiación nin estar suxeito a pena de inhabilitación para o exercicio profesional por sentenza firme, nin atoparse impedido para tal exercicio por unha anterior sanción disciplinaria firme.
  • Ter a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea, sen prexuízo do disposto nos tratados internacionais ratificados polo Estado español ou os acordos de reciprocidade.

Existen dúas modalidades de colexiación:

  • Colexiación Normal.
  • Colexiación acolléndose ao Convenio Colexio / EII-Vigo. Poderán acollerse ao Convenio Colexio / EII-Vigo aqueles que obtivesen o Título na E.I.I. de Vigo no trimestre anterior á data de solicitude. (Dispoñerán de exención de cotas, que consiste en 12 meses de colexiación gratuíta).